Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
coa seca, coa coas enchentas

Gas Natural-Fenosa facendo caixa

Gas Natural-Fenosa está baleirando o encoro de Albarellos, en tan só tres semanas foi quen de reducir a cantidade de auga embalsada de 68,33 Hm3 a 28 Hm3, tres semanas para poñer as cousas no seu sitio, para demostrar quen manda aquí, para servirse do dominio público hidráulico e para facer caixa poñendo en risco a nosa seguridade.

Coto de Frade - 20:32 18/11/2009

O gráfico resulta impresionante, seis meses sen aportar un só litro de auga ó malferido  Avia, chegando a secar o río en diferentes tramos e apodrecendo o resto, matando de sede a totalidade da área riparia, negándolle o alimento as árbores cando máis o precisaban. Agora, inundan todo o espazo ripario sementando cadáveres de madeira ó seu paso, definindo con total claridade a denuncia que en forma de escrito remitía no seu momento Coto do Frade instando ós órganos competentes a tomar medidas; medidas que nunca chegaron, medidas demasiado grandes para tan ananos políticos. Gas Natural-Fenosa é o Atila do século XXI, por onde pasa non queda nada en pé, nen tan xiquera a dignidade política resiste ó poderoso guerreiro.


Pregados unha vez máis como sociedade asistimos a defunción, as árbores mortas cóntanse por miles, por centos as que dobradas agardan o último empuxón para deitarse no río; para amosarnos as nosas vergoñas, para lembrarnos que non fixemos nada mentres puidemos, para indicarnos que somos unha sociedade morta e insensíbel, apática e cobarde, absurda e miserábel. O noso río asasinado, morto por tod@s.



P.D.  As fotografías foron tomadas o luns día 16 de Novembro de 2009, nunha zona onde o Concello de Ribadavia levou a cabo labouras de desbroce e que no seu momento denunciou Coto do Frade. O solo está cedendo o non contar con sustento vexetal, as árbores aínda vivas rematarán todas no río. Entre tod@s  “lo mataron”. Os desbroces continúan, agora están traballando en toda a marxe dereita, entre a ponte de San Francisco e a desembocadura.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: