Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XOGO POR DEBAIXO DA MESA

O PPdeG insinúa que Xosé Blanco manobra para que Caixa Galicia se fusione con Caja Madrid

Rodríguez Miranda asegura que o Banco de España está presionando para que se chegue a este escenario.

Redacción - 17:35 18/11/2009

A mala situación que atravesan as caixas, principalmente Caixa Galicia, está a facer que as quinielas sobre posíbeis fusións aumenten cada día. Cos movementos financeiros soterrados, os dirixentes políticos moven pezas para levar a auga ao seu rego. O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, disparou este mércores un novo cartucho. Segundo o dirixente “popular” o Banco de España está presionando para que Caixa Galicia se una baixo un mesmo proxecto con Caja Madrid e coa Caja del Mediterráneo.

Miranda foi máis aló e puxo os obxectivos enriba do ministro de Fomento, Xosé Blanco: “Parece que o Banco de España presiona e non sei se isto terá que ver coa aposta que fixo Blanco en Santiago”, deixou caer en referencia ás declaracións que fixo o socialistas hai poucas semanas na capital galega. Nunha intervención, Blanco apostou por non pechar as portas a fusións con caixas doutros puntos do Estado Español. Dende o PPdeG reiteran que “hai unha vía galega” para superar a crise financeira e que o centro de decisión de futuras entidades debe permanecer no país.

A idea dunha unión de Caixa Galicia con Caja Madrid e Caja del Mediterráneo non é nova. De feito, dentro do Partido Popular español hai moitas voces favorables a esta opción. O propio voceiro económico do PP, Cristóbal Montoro, non agochou que vería con bos ollos unha fusión destas características. A chegada de Rodrigo Rato á presidencia de Caja Madrid fai que se reactiven estas intencións.

O BNG insiste en que non aceptará que se poñan as caixas do país ao servizo de intereses alleos

A deputada nacionalista Teresa Táboas volveu a reiterar o posicionamento do BNG. A organización frontista oponse a calquera fórmula que signifique a perda de capacidade financeira do país: “Está claro que para o BNG a prioridade é Galiza, ás dos demais aínda non se saben”, afirmou aludindo ao presidente Núñez Feijoo.

Para Táboas, o Bloque cumpriu cos seus deberes propoñendo unha Lei de Caixas que blinde a galeguidade das mesmas. “As caixas teñen que ser un instrumento para desenvolver a economía de Galiza, e non para que se fusionen con entidades de fóra do país, por moito que lles interese a algúns politicamente”.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: