Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Extinción de contratos o 4 de Nadal

Traballadores de Pascual en Outeiro de Rei cortan a N-VI en protesta polo ERE

Prevén máis accións a partir do venres cun magosto reivindicativo, e continuarán cun 'via crucis' o luns.

Redacción - 14:00 18/11/2009
Factoría de Outeiro de Rei

Factoría de Outeiro de Rei

Os traballadores da planta de leite Pascual en Outeiro de Rei cortaron esta cuarta feira o tránsito da N-VI (A Coruña-Madrid) e acordaron novas mobilizacións para protestaren pola incerteza que padecen ao estar afectados por un ERE temporal que se converterá en extinción de contratos o 4 de Nadal. A Garda Civil desviou parte dos vehículos por rutas alternativas.

Os traballadores reuníronse ademais en asemblea. Nesta acordouse impulsar novas mobilizacións para os días vindeiros, que se unen ao peche indefinido que iniciaron hai exactamente unha semana nas inmediacións da factoría.

As novas accións comezarán o venres cun magosto reivindicativo no campamento en que están instalados, e continuarán cun via crucis o luns a partir das 11.00 horas. Tamén teñen previsto desprazarse até o Parlamento para escoitar en directo a resposta a unha pregunta que formulará o BNG sobre a situación da factoría e dos seus 105 operarios.


Ligazóns

4/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: