Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Dereito á internet

A banda larga de 1 Mb será "servizo universal" a partir de 2011

O Ministerio de Industria considera que esa é a velocidade mínima á que debería poder acceder toda a poboación do Estado.

Redacción - 17:00 17/11/2009

O Ministerio de Industria propoñerá que a banda larga dun mega se considere servizo universal a partir de 2011. Segundo anunciou o ministro, Miguel Sebastián, esta velocidade garantirá que toda a cidadanía "terá dereito a conectarse a internet" a, cando menos, un megabit por segundo.

O anuncio produciuse no marco do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD). O ministro afirmou que a industria de contidos dixitais seguirá a ser unha das prioridades do seu departamento. De feito, salientou que o sector facturou, no Estado Español, case cinco mil millóns de euros en 2008, cun crecemento do 15,8% con respecto ao ano anterior.

O apoio aos contidos dixitais materializarase mediante o Plan Avanza, cun orzamento de 100 millóns de euros para 2010, que mobilizará outros 300 millóns durante o exercicio. Aínda que sete de cada 10 cidadáns consumen contidos deste tipo e xa hai 24,5 millóns de internautas no Estado Español, é preciso "achegarlles a aínda máis xente as novas tecnoloxías", de aí que se promova un acceso á rede dun mega como servizo universal.

Sebastián non especificou se esa velocidade de acceso será de subida ou de baixada, aínda que o máis probábel é que se refira unicamente á de descarga, debido a que as velocidades de suba que se rexistran no Estado Español adoitan estar ben por debaixo desa cifra.


4,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: