Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O futuro das caixas

CCOO critica a "opacidade pouco responsábel" de Feijoo

O secretario xeral de Comisións, Xosé Manuel Sánchez Aguión, esixe unha reunión inmediata coa Xunta onde se dean "datos claros".

Europa Press - 09:30 13/11/2009
Tags: caixas CCOO

O líder de Comisións Obreiras denunciou a "falta de información e comunicación" por parte da Xunta e das dúas entidades. "É difícil ter unha opinión responsábel e construír unha proposta sen contar con toda a información", dixo. Nesta liña, reclamou que "se respecten os dereitos laborais" e que "non se produza perda de postos de traballo".

A maiores, considerou que o futuro das caixas é "un tema de Estado", polo que entendeu como "necesario e case obrigatorio" que "tódalas forzas políticas, sociais e económicas" de Galiza buscasen "un acordo". Fronte a isto, reprobou que Feijoo "se botou a alforxa sobre o lombo dun xeito moi personalista", posto que "hai pouca ou nula participación" dos axentes sociais. "Xa pedimos reiteradamente unha reunión coa conselleira de Facenda en relación con este tema, pero, até o de agora, obtivemos a calada por resposta", censurou.

Sobre o proceso de reestruturación bancaria, Sánchez Aguión opinou que é "imparábel", posto que se vai facer no conxunto do Estado e, pola contra, Galiza "podería saír mal parada". "Nós defendemos é o mantemento das caixas en Galiza na súa actual natureza xurídica", resaltou, tras describir estas entidades como "o máis parecido á banca pública". Por iso, alertou do "perigo" que entraña a fusión dunha caixa galega con outra na que teña participación un banco. "Se non facemos fronte a esa entrada de capital no aforro, a medio ou longo prazo as caixas poden acabar privatizándose e desaparecendo como tales", advertiu.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: