Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DOCUMENTAL

O corazón galeguista da Coruña

Agal lanza un DVD un roteiro que, en homenaxe a Marinhas del Valle, percorre a historia dunha cidade fondamente comprometida co futuro do país.

Redacción - 11:08 12/11/2009

Contra o que se poida pensar por conflitos como o do topónimo, A Coruña é seguramente a cidade do país que foi máis proclive historicamente ao ideario galeguista. A Associaçom Galega da Língua (Agal) vén de publicar un ilustrativo DVD que leva por nome “Un passeio com Jenaro Marinhas del Valle. A Corunha galeguista”. Durante 45 minutos, podemos facer unha fermoso paseo pola cidade herculina guiados por Felipe Senén e Henrique Rabuñal.

Durante o documental repásase a vida de grandes figuras galegas vinculadas estreitamente á cidade: Lugrís Freire, Curros Enríquez, Manuel Ferrol, Eduardo Pondal, Leandro Carré, Murguía, Castelao...e por suposto, entre moitas outras, a de Jenaro Marinhas, a quen se lle rendeu tributo o ano pasao co gallo do centenario do seu nacemento.


5/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



«Um Passeio com Jenaro Marinhas del Valle. A Corunha galeguista», editado por Agal