Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O VINDEIRO VENRES

Os gandeiros volverán á rúa

O Sindicato Labrego convoca mobilizacións nas principais cabeceiras de comarca en demanda dun prezo xusto.

Redacción - 09:00 10/11/2009
Imaxe da manifestación dos gandeiros a pé até San Caetano

Imaxe da manifestación dos gandeiros a pé até San Caetano

Será o vindeiro venres 20 de novembro. O Sindicato Labrego Galego (SLG) convocou a gandeiros e cidadanía en xeral a participar nas diferentes mobilizacións que por todo o país demandarán, novamente, un prezo xusto para o leite en orixe. Realizarase nas principais cabeceiras de comarca, ben a xeito de manifestación, ben en forma de mercado transparente, e será o antecedente da marcha prevista para o sábado 21 en Madrid.

O obxectivo destas accións será demandar unha garantía de prezo mínimo para os produtos agrarios e gandeiros, ademais de exixir que se elabore unha lei de marxes comerciais, que impida as grandes diferenzas entre o que cobra o produtor e o que paga o consumidor nun estabelecemento comercial. Asemade, tamén reclaman un cambio profundo na Política Agraria Común (PAC), facendo especial presión sobre a presidencia española da UE no primeiro semestre de 2010.

A secretaria xeral do SLG, Carme Freire, deixou aberta a porta para que os outros sindicatos agrarios, que subscriben a protesta no ámbito estatal, se sumen á convocatoria do vindeiro venres.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: