Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SEIS SEMANAS DE COPENHAGUE

O acordo contra a mudanza climática adíase

Os líderes europeos cifran en 100 mil millóns de euros anuais a axuda que precisarán os países pobres para afrontar o quencemento global.

Redacción - 13:10 01/11/2009
Activistas reclaman en Bruxelas un acordo sobre o gasto

Activistas reclaman en Bruxelas un acordo sobre o gasto

Faltan seis semanas para a cita que decidirá o futuro ambiental do planeta. Mais, as negociacións para chegar a un novo acordo no Cumio Mundial de Copenhague (Dinamarca) camiñan moi lentamente e a pouca predisposición dos dirixentes mundiais fai pensar en que o acordo mundial na loita contra a mudanza climática vai tardar.

Axudas aos países pobres
Os líderes europeos cifraron en 100 mil millóns de euros anuais (147 mil millóns de dólares) de aquí até 2020 a axuda que precisarán os países pobres para enfrontar a mudanza climática, un tema que será clave na conferencia de Copenhague. Con todo, nunha xuntanza en Bruxelas, non foron quen de acordar que suma achegarán a esta cantidade global, confirmando os temores de que as negociacións están aínda lonxe de chegar á súa fin.

Os cartos serían sufragados en parte polo mercado internacional do carbono e, en parte, polo financiamento público internacional e permitiría ao mundo en desenvolvemento mitigar e adaptarse aos efectos do quencemento global. Sen un acordo nesta liña, os expertos estiman que o consenso que saia de Copenhague para reducir as emisións non será críbel.

O cumio de Copenhague, que se celebrará entre o 7 e o 18 de decembro, está chamado a ofrecer un novo acordo mundial contra a mudanza climática sucesor do Protocolo de Quioto, que expira en 2012 e do que non forman parte grandes países contaminantes como China ou os Estados Unidos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: