Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Compañeira vital e de proxectos de Neira Vilas

Faleceu Anisia Miranda

A escritora galego-cubana, autora de literatura infantil e impulsora da distribuidora Follas Novas en Arxentina, finou este xoves.

Redacción - 09:30 23/10/2009

Anisia Miranda faleceu este xoves aos 76 anos de idade. Atrás quedaron máis de 50 anos como compañeira vital e de proxectos culturais de Xosé Neira Vilas, desde que en 1957 se coñeceron en Buenos Aires. Daquela puxeron en marcha o proxecto Follas Novas, a primeira distribuidora de libros galegos en Ámerica.

Filla de emigrantes galegos, Anisia Miranda naceu en 1932 na cidade cubana de Ciego de Ávila. Logo dunha estancia en Arxentina, de 1961 a 1992 residiu en Cuba, onde se implicou en varias publicacións periódicas da illa dedicadas ao público infantil, como Zunzún, Pionero e Bijirita. É autora dunha importante obra en galego para nenos, con títulos como A casa dos títeres, Os contos do Compay Grilo, Pardela amiga e Cantarelas. Anisia Miranda será enterrada este venres en Gres, localidade de Vila de Cruces na que residía con Xosé Neira Vilas.


5/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: