Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Accesibilidade

Os consumidores con discapacidade visual tamén poderán coñecer os seus dereitos

A Unión de Consumidores de Galicia, co apoio da ONCE e do Instituto Galego de Consumo, editou un CD informativo destinado a persoas con problemas de visión.

Redacción - 18:14 22/10/2009

A Unión de Consumidores de Galicia editou un CD para persoas con discapacidade visual, que pretende facilitarlles o coñecemento dos seus dereitos en materias de consumo e que poidan efectuar as súas xestións no caso dunha reclamación.

O proxecto tivo un custo de 10 mil euros, dos que o 70% foi financiado polo Instituto Galego de Consumo. Supuxo, segundo os seus autores, unha "ferramenta novidosa" no Estado Español. O CD inclúe información sobre diversas materias como servizos públicos, financeiros, vivenda ou comercio. O secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López, destacou que dispón dun software "que converte en voz todos os textos" e avanzou que o sistema se mellorará para que tamén se poidan transformar ao formato MP3.

O proxecto contou tamén coa colaboración da ONCE, que prestou asesoramento técnico. A súa representante en Galiza, Ana Belén Regueiro, explicou que é "un paso máis para favorecer a integración das persoas con discapacidade visual". Ademais, indicou que os 1.500 CD editados se repartirán entre persoas afiliadas á organización.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: