Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Wildlife Photographer of the Year

Premio á imaxe do lobo ibérico

A obra, planificada durante anos por José Luis Rodríguez, captura o momento en que o animal salta unha cancela, disposto a cazar.

Redacción - 12:32 22/10/2009

A fotografía dun lobo ibérico saltando unha cancela recibiu o premio Wildlife Photographer of the Year 2009 na categoría de retratos animais. A obra de José Luis Rodríguez foi destacada entre 43 mil participantes dun galardón que organizan a BBC Wildlife Magazine e o Museo de Historia Natural de Londres e que chegou á súa 45 edición.

Segundo explicou no medio público británico, Rodríguez planificou a imaxe durante anos sobre o papel. "Quería capturar unha foto na que puideses ver un lobo nun acto de caza, pero sen sangue. Non quería unha imaxe cruel". A instantánea tirouna despois de moita paciencia e de observar os movementos dos lobos. Fabricou unha "trampa" de infravermellos para disparar xusto no salto do lobo.

Un dos membros do xurado, o fotógrafo especializado en fauna Mark Carwardine, describiu a imaxe gañadora como "a captura de miles de anos de interacción entre o ser humano e o lobo nun instante".


4,9/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: