Da Real Academia Galega ao Museo do Pobo, pasando polas tres universidades ou empresas diversas, apoian a iniciativa.
Mantense firme o camiño cara ao dominio en internet para a cultura e a lingua galega. A Asociación PuntoGal anuncia esta semana que acadou xa o apoio directo de 100 entidades. Trátase dunha plural representación do país, que inclúe asociacións culturais e xuvenís, colexios profesionais, organizacións empresarias, editoriais, medios de comunicacións, empresas TIC, centros galegos no exterior...
As entidades poden sumarse ao proxecto desde a propia rede, cubrindo o formulario incluído na sección “Entidades adheridas” e enviándoo á Asociación PuntoGal. As persoas a título individual poden apoiar a iniciativa inscribíndose na sección Apoios individuais.