Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A debate

Que modelo de caixas precisamos?

Fusionaranse Caixa Galicia e Caixanova? Haberá fusión dunha destas entidades con outra foránea? E en calquera deses casos, quen e como as controlará?

Redacción - 17:25 06/10/2009

Un feixe de incógnitas ábrese sobre o futuro das caixas de aforro do país. A ameaza de vérense engulidas por entidades foráneas axudou a levar a primeiro plano o debate sobre o que vai pasar con Caixa Galicia e Caixanova. Mais a incerteza sobre ese futuro permanece debido aos silencios, entre outros o da propia Xunta de Galicia, que tratan de fechar o debate público das principais claves dese futuro.

Mesmo sen que esa fusión entre as entidades se producise a curto prazo, as preocupacións polo seu funcionamento son grandes nos sectores socioeconómicos do país. O actual contexto de crise económica axudou a ver con maior claridade algunhas das súas feblezas e erros de xestión. Na mesa, e desde os bancos da oposición, apareceron chamadas ao impulso de modificacións lexislativas que miren por unha maior transparencia das entidades e por un funcionamento máis democrático. Tamén polo despregue de estratexias baseadas na súa coordinación en favor do financiamento e a atención aos sectores produtivos do país.

E vostede que pensa? Que modelo de caixas precisamos?


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: