A agrupación, que aspira a acadar o cento de membros, defende o uso da lingua propia no eido empresarial.
A Fundación Galicia Empresa, formada por compañías punteiras do país e que defende o uso da nosa lingua no eido empresarial, incorporou este luns catro novos membros: Ascensores Enor, Riego Tubos Armados, Elinsa e Altair, que facturaron un total de 114 millóns de euros no pasado exercicio.
A fundación, que aspira a acadar o cento de membros, xa conta entre a súa lista marcas como Pescanova ou Feiraco. O seu obxectivo é normalizar o uso do galego nos negocios, promocionar a investigación das peculiaridades da empresa galega e mellorar a vinculación da empresa coa realidade económica, social e cultural de Galiza.