María del Carmen Hermo envíanos esta carta onde denuncia a supresión do servizo de transporte que, como usuaria de cadeira de rodas, usaba até o de agora.
"A Sra. Dna. Pilar Farjas Conselleira de Sanidade Galega probablemente estea moi ocupada coa famosa pandemia e non se decatou das fantásticas ideas da Dirección Xeral do SERGAS para botarlle unha man coas contas, que non dubido que faga falla revisar pero como de costume os damnificados son os de sempre, eu entre elas, ben, pois ocorréuselles reducir gastos no servicio de transporte sanitario programado, é dicir, o traslado en ambulancia de persoas que por enfermidade ou accidente requiren deste tipo de servizo para acudir ás súas citas hospitalarias e tratamentos; exacto a decisión que tomaron e denegar as solicitudes de traslado a persoas que coma min o necesitan (son usuaria de cadeira de rodas eléctrica por hemiplexia e paraplexia derivados dunha enfermidade dexenerativa que ademais me provoca problemas visuais e outros problemas de saúde);
ata o de agora eu recibía ese servizo coas incidencias propias dun servizo de tal magnitude, ás veces mellor e outras non tanto , todo nesta vida é mellorable; pero a partires de agora non mo van conceder, sen que medie xustificación médica para tal cambio e sen que dende a Dirección Provincial do SERGAS da provincia de A Coruña me notificasen tal cambio, sen explicación".
A denuncia ao completo na carta de María del Carmen Hermo en Open Vieiros.