Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVISTA FORBES

Os ricos, un pouco menos adiñeirados

A riqueza acumulada dos principais multimillonarios, entre os que se atopa o galego Amancio Ortega, caeu un 19% no último ano.

Redacción - 13:00 02/10/2009
Amancio Ortega ascende ao décimo lugar no listado dos máis ricos

Amancio Ortega ascende ao décimo lugar no listado dos máis ricos

Até as grandes fortunas son sensíbeis a crise. Os homes máis ricos do mundo teñen que recoñecer que, malia as súas astronómicas contas correntes, son hoxe un pouco menos adiñeirados do que o eran hai un ano. A riqueza acumulada dos principais 400 multimillonarios de Estados Unidos caeu en 300 mil dólares durante o último ano, é dicir, un 19%, segundo revela a revista Forbes na súa consolidada listaxe das persoas economicamente máis poderosas do mundo.

Con todo, unha décima parte de toda a fortuna que suman estes millonarios, afectados pola caída dos mercados financeiros e polo impacto da economía en xeral, faría posíbel rematar coa pobreza dos 2,8 millóns de persoas que, segundo a ONU, viven con menos de dous dólares ao día. Maniqueísmos á parte, o listado confórmano Bill Gates (cunha fortuna aproximada de 40 mil millóns de dólares), seguido do investigador Warren Buffet (37 mil millóns) e o empresario mexicano Carlos Slim (35 mil millóns).

Amancio Ortega, máis rico
O empresario galego, magnate de Inditex, volveu este ano a figurar no top ten de Forbes. Con 18'3 mil millóns de dólares de fortuna, o responsábel de Zara ou Stradivarius ocupa o número 10 das persoas máis ricas do mundo. Volveu así a este listado de millonarios logo de que o ano pasado ocupase postos máis apartados da cabeza.

Outros galegos que comparecen neste desexado compendio de onerosos son Rosalía Mera, que ocupa o posto 246 cunha fortuna de 2,6 millóns, e Manuel Jove, que con 1,9 millóns se sitúa no posto 376.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: