Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ZONA DE DESASTRE

Un tsunami deixa ducias de mortos en Samoa

Un terremoto de 8 graos orixinado a 190 kilómetros das illas arrasou con perto de 70 aldeas da zona.

Redacción - 11:22 30/09/2009

O tsunami que golpeou a noite do martes as illas Samoa provocou máis de 100 mortos e decenas de feridos. Segundo informou o portavoz da oficina de xestión de desastres de Samoa Occidental, Ausegalia Mulipola, algunhas aldeas da zona suroeste do país quedaron completamente destruídas. 


O tsunami tivo a súa orixe nun terremoto de magnitude oito na escala de Richter orixinado 190 kilómetros ao suroeste de Samoa Americana, segundo informou o Centro Xeolóxico dos EUA, que nun primeiro momento dixo que o terremoto tivera unha magnitude de 7,9 graos na escala de Richter. O seísmo rexistrouse a 18 kilómetros de profundidade. Aínda que os balances iniciais falaban de 20 falecidos, o Centro de Xestión de Desastres do Estado de Samoa confirmou que o número de mortos pode superar xa a centena, aínda que oficialmente hai 75. 

O presidente estadounidense Barack Obama, apresurouse a declarar como zona de desastre a Samoa Americana. “A decisión do presidente permite poñer axudas federais a disposición dos afectados no territorio norteamericano de Samoa”, así informou o responsable da Axencia Federal de Xestión de Emerxencias (FEMA). A axencia activou o Centro de Coordinación Nacional para responder a emerxencia, e ademais preparou o envío de subministros necesarios para a poboación afectada que inclúen material de primeira necesidade e sanitario


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: