Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN TAILANDIA

Por primeira vez logran unha vacina que reduce o risco de contraer o VIH

Os resultados da proba confirman que se pode reducir en máis dun 31% as posibilidades de contaxio.

Redacción - 10:49 24/09/2009

Unha nova vacina contra a sida probada en máis de 16 mil voluntarios en Tailandia deu resultados positivos. Esta vacina pode reducir en máis dun 31% o risco de contaxio do virus VIH, que leva á sida. É a primeira vez que unha vacina ten éxito nun ensaio clínico, segundo anunciaron os investigadores este xoves en Bangkok. 


De acordo co diario The New York Times, científicos dos EUA e Tailandia afirman que están encantados, pero que os resultados os deixaron perplexos. A vacina é unha combinación de outras dúas desenvolvidas xenéticamente, coas que nunca se traballara antes en persoas. 

Os investigadores ignoran o por que do funcionamento desta proba. "Non quero usar unha palabra como 'a fenda', pero non hai dúbida de que este é un resultado moi importante”, dixo o Doutor Antonio S. Fauci, director do Instituto Nacional de Alerxia e Enfermidades Infecciosas. " Durante máis de 20 anos, os resultados foron fracasos, e agora abríusenos unha porta” asegurou o doutor. Porén, dubídase de se esta vacina é igualmente eficaz contra outras cepas do virus noutras partes do mundo.

Entre os colaboradores na investigación atopábans o exército dos EUA, o Ministerio de Sanidade de Tailandia, o Instituto Fauci, Sanofi-Pasteur e Global Solutions for Infectious Diseases.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: