Un estudo da Axencia Internacional de Enerxía estima que a recesión industrial favorecerá un descenso nas emisións de dióxido de carbono.
A crise económica non só trae malas novas. Un estudo dado a coñecer este semana pola Axencia Internacional da Enerxía (AIE) salienta que, debido á caída da actividade industrial, é previsíbel que este ano a produción global de dióxido de carbono baixe un 2,6%.
Dende AIE sinalan que é preciso que o mundo aproveite este descenso para basear futuros crecementos económicos en políticas industriais máis substentábeis. Este organismo internacional coida que é preciso un acordo en firme para unha reducción efectiva dos gases que provocan as mudanzas climáticas.