Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Liberdade de expresión

Gzvideos denuncia "persecución policial" aos seus activistas

Esta quinta feira está prevista unha concentración en Compostela en apoio a unha fotógrafa que será xulgada por un delito de faltas.

Redacción - 19:30 16/09/2009

Esta quinta feira está prevista unha concentración de apoio ás 9.45 horas no Xulgado de Fontiñas de Compostela pola defensa da liberdade de expresión antes do xuízo de faltas que terá lugar contra unha fotógrafa activista de Gzvideos.

A denuncia policial, sinalan desde o colectivo, "acusa falsamente a xornalista" de berrar, nun acto organizado polo colectivo Ceivar o 24 de xullo, 'policía asasina', 'torturadores' e 'ETA mátaos', "tentando reprimir a liberdade de información".

Non é a primeira vez que algún dos colaboradores de Gzvideos afronta unha acusación deste tipo. En xuño, un outro reporteiro foi sancionado con 500 euros pola súa participación nas manifestacións do ensino medio a prol do galego, acusado de organizar unha ilegal, aínda que a sentenza está recorrida.

Posteriormente, unha unidade de "delitos tecnolóxicos" da Garda Civil retiña outro reporteiro logo de saír da súa a casa e levábao ao cuartel de Pontevedra para declarar supostamente sobre un vídeo de debuxos animados "alleo á produción do Gzvídeos".

Gzvideos naceu en maio do 2008 como unha iniciativa independente e non comercial, coa vontade de "constituír un espazo de encontro para a creación audiovisual que parte dos movementos sociais galegos, un campo onde conflúe o vídeo-activismo e o debate xerados a partir da crítica á realidade galega".


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: