O secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, asegura que as seleccións van seguir existindo aínda que anuncia cambios que non concreta.
O secretario xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, asegura que as seleccións deportivas galegas van seguir existindo. Unha vez aclarada unha das principais dúbidas en política deportiva chega a segunda pregunta: pero como? As palabras de Lete apuntan a un menor perfil identitario dos nosos combinados: “non imos facer política co deporte”.
Nas vindeiras semanas, a Xunta terá que comezar a facer as xestión para buscar un rival da selección de fútbol. O combinado masculino é o buque insignia das escuadras irmandiñas. Durante a pasada lexislatura os rivais foron Uruguai, Ecuador, Camerún e Irán.