Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos do IPC

Os prezos inverten a tendencia e volven subir en agosto

A inflación aumentou o 0,4% no último mes en Galiza, aínda que a taxa interanual segue a ser negativa, do -1,1.

Redacción - 09:50 11/09/2009

Os prezos volveron subir no mes de agosto, rompendo a tendencia deflacionista dos anteriores períodos. En total, en Galiza a inflación aumentou o 0,4%, fronte á baixa do 1,1 do mes de xullo. Esa mesma cifra, o -1,1%, é o dato do Índice de Prezos ao Consumo interanual.

A nivel estatal, os prezos subiron menos no mes de xullo, o 0,3%, aínda que a variación interanual foi inferior á galega, do -0,8%.

A suba dos prezos dos carburantes e, polo tanto, do transporte e da vivenda, foi a que máis contribuíu ao cambio de tendencia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: