O Grupo Banco Pastor e EOS, empresa encargada da prestación de servizos de cobro para bancos entre outras actividades, chegaron a un acordo respecto a empresa Acción de Cobro. EOS Field Services Spain farase co 100% das participacións da empresa. O grupo galego ingresará unhas plusvalías de 21,5 millóns de euros.
O Banco Pastor indicou que a continuidade da empresa "está asegurada", debido a que todos os empregados de Acción de Cobro continuarán traballando para EOS. Ademais da plantilla, Manuel González manterase coma director xeral da compañía, fundada polo grupo galego no 1996. A entidade e Pastor Servicios Financieros suscribiron un contrato de arrendamento de servizos con Acción de Cobro por un período de 10 anos.
Esta adquisición supón para o Grupo EOS un reforzo da súa posición no mercado como proveedor internacional de xestor de cobros. EOS conta con máis de catro mil empregados en 20 países. O presidente da xunta directiva do grupo internacional, Hans-Werner Scherer, explicou que con esta adquisición, EOS introdúcese no mercado español de recaudación de débedas, e que a operación intégrase no plano xeral de crecemento do grupo. O conselleiro delegado do Banco Pastor, Jorge Gost, destacou, pola súa parte, que a situación económica actual foi o que levou a compañía a “buscar un socio forte”.