Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Audiovisual

YouTube planea introducir unha opción de pago

O portal de vídeos de Google está a negociar con varios estudios de cine para ofrecer filmes de aluguer.

Redacción - 12:30 03/09/2009

YouTube podería comezar a cobrar por ver vídeos. Segundo fontes próximas á empresa, Google está a negociar con varios estudios cinematográficos para prestar o servizo de aluguer de filmes. Sony, Warner e Lions Gate serían as produtoras que poderían ofrecer algúns dos seus contidos.

Até agora, YouTube financiábase exclusivamente mediante a publicidade. Se se confirma a decisión o portal incorporaría un novo modelo de negocio no que xa participan iTunes ou Amazon. En calquera caso, YouTube seguiría a ser unha rede social para compartir de balde vídeos como até agora.

Google xa ten experiencia en pago por visión. O seu servizo Google Vídeo xa experimentara co aluguer e descargas de filmes a cambio de diñeiro, aínda que abandonara esta modalidade despois de mercar YouTube.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: