Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Ramón Raíndo, da banda da Balbina

"O grupo xurdiu practicamente do A Polo Ghit"

A banda da Balbina xa está a preparar actuacións en directo e mesmo un disco co seu inconfundíbel estilo festeiro.

M. del Río - 12:00 01/09/2009

A banda da Balbina, grupo formado nos Ánxeles, en Brión, como xa sabe todo o país, gañou a cuarta edición de A Polo Ghit co seu tema O fillo do mar. A voz de Balbina pona Silvia Cerneira, de Valga, mentres que a súa parella, Ramón Raíndo, da Pobra do Caramiñal, achega a parte musical. Con el falamos do seu éxito e do futuro inmediato da banda.

Como naceu A banda da Balbina?

Eu fago a música e Balbina as letras, pero tamén hai outros músicos (Roque José Cancocker, Pablo Barge e Manel López) que colaboran connosco. A banda xurdiu practicamente do A Polo Ghit. O ano pasado presentamos Estomballada e este O fillo do mar, que ao final gañou. Ademais, a banda foi algo que creamos para poder tocar en directo. Os dous traballamos en orquestras, e eu ademais teño estudos clásicos e de jazz.

E como recibiron a nova da vitoria do certame?

Recibimos a noticia con alegría. Non contabamos con gañar, aínda que este anos viámono con máis posibilidades.

E como valoran a calidade do resto dos temas que participaron? Como está a evolucionar o concurso?

Este ano o nivel en calidade musical estaba un pouco mellor, aínda que houbo menos participantes. En xeral, a produción e a calidade de son melloraron. Creo que o concurso vai mellorando en cada edición.

E que será a partir de agora da banda da Balbina?

Temos en proxecto facer un disco enteiro, a ver que sae. Tentarémolo mover por aí.

Estaban afeitos a tocar con este estilo tan festeiro?

É máis ben por Silvia, que é moi verbeneira. Eu adapteime a ese estilo que lle gustaba a ela. Aínda que eu tamén participei noutros dos temas que se mandaron a A Polo Ghit, pero deste estilo, é a única.


4,2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: