Un estudo alerta de que seis de cada dez cidadáns de cor na capital rusa foron obxecto de ataques violentos.
Evitar multitudes, uso do metro ou coidado especial nos días en que hai partido de fútbol son precaucións básicas para a poboación negra de orixe africana que vive na capital rusa.
Unha investigación da Capelanía Protestante de Moscova advirte do medo constante no que viven estes cidadáns en Moscova. O 60% dos 200 entrevistados sufriron algún tipo de ataque violento algunha vez e oito de cada vez foron insultados pola cor da súa pel. "Viven en virtual estado de sitio", indica ao respecto das conclusións do estudo o correspondente da BBC na cidade. Poden ampliar na BBC.