A entidade nacida en Betanzos hai case catro séculos e especializada en banca personalizada aumenta un 3% os seus rendementos.
O banco máis antigo do Estado Español, é galego, máis concretamente de Betanzos. Neste municipio naceu en 1717 o Banco Etchevarría, fundado polo vasco-francés, Juan Etcheverry. Dende entón, a entidade financeira permaneceu maioritariamente en mans dos seus descendentes.
Dedicado en boa parte á banca personalizada, en plena crise, a entidade vén de dar a coñecer uns resultados que se salta cun beneficio neto de 1,87 millóns de euros nos primeiros seis meses do ano, o que supón un incremento dun 3% con respecto ao mesmo período de 2008.
A entidade familiar tamén está participada pola Corporación Caixa Galicia que hai sete anos mercou por algo máis de 13 millóns de euros o 37,12% do accionariado. Na actualidade conta con 27 oficinas en Galiza (19 delas na provincia da Coruña) e outras cinco fóra do noso país (catro en Madrid e unha en Valladolid).