A embarcación atopábase faenando cando envorcou, debido ao forte vento que sopraba na zona.
Un dos tripulantes do pesqueiro galego 'Furacán' faleceu tras afundirse o barco de madrugada fronte á costa da localidade coruñesa de Portosín, segundo informaron fontes do 112. A embarcación atopábase faenando cando envorcou, debido ao forte vento que sopraba na zona. O aviso do accidente foi recibido en torno ás 3.00 horas da madrugada na central de emerxencia.
Dous dos tripulantes puideron ser rescatados polos efectivos desprazados, unha lancha de salvamento e un helicóptero, mentres que o patrón do pesqueiro desapareceu. O seu corpo foi atopado horas despois polos medios de salvamento. O helicóptero que participou nos labores de busca era o que estaba previsto que participase nun simulacro en Vigo, ao que ía asistir a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que anulou o acto e desprazouse á localidade de Portosín.