Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Operación "Fin de agosto"

A DXT calcula 575 mil desprazamentos deica o próximo luns

Un dispositivo especial vixía a circulación estes días. Galiza rexistrará o 10%dos movementos previstos nas estradas a nivel estatal.

Europa Press - 09:30 29/08/2009
Tags: DXT estradas

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) prevé uns 575 mil desprazamentos na rede viaria de Galiza durante a operación 'Fin de agosto' que empezou este venres día 28. Así, segundo informou a DXT, Galiza rexistrará un 10% dos 5.750.000 movementos previstos nas estradas do Estado durante a última fin de semana do mes.

A operación especial de tráfico 'Fin de agosto' comezou ás 15 horas do venres día 28 de agosto e concluirá ás 24 horas do luns 31. En xeral, Tráfico apuntou que as estradas nas que se prevé unha maior intensidade de tráfico en Galiza nestes días serán as autoestradas AP-9, AP-53 e AG-53; así como as autovías A-6, A-52, A-55, e as estradas N-550 e N-634.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: