Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA REDE

Á galiña azul sáelle un himno apócrifo

Apenas unha semana despois de que se anunciase o cambio de nome das galescolas, xa circulan as primeiras cancións satíricas pola rede.

Redacción - 20:00 27/08/2009

Se sempre se empregou a retranca como contrapunto das decisións políticas, a rede multiplica nos últimos anos as críticas, especialmente as que están cargadas de humor. Un exemplo é o dunha canción que circula por internet que critica o cambio de nome das galescolas.

Os autores do tema satírico (que se autodenominan The Blue Birds) non dubidan en inspirarse no tema “Azul” do mexicano Christian Castro, que en 2001 puxo patas para arriba o mercado latinoamericano ao converter en ghit aquel traballo. Os que subiron a versión ao portal Imeem non dubidan en asegurar que o tema é “o éxito dos novos tempos, polo conxunto pop-cock "The Blue Birds", que aspira a converterse na sensación choqueira deste verán, diga o que diga o Apologhit.”

Aquí poden escoitar a particular revisión daquel tema.


4,5/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: