Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PANDEMIA

Un home de 33 anos ingresado en Vigo, primeira vítima mortal da gripe A en Galiza

Estaba ingresado no Complexo Hospitalario da cidade e padecía outras "patoloxías de base".

Europa Press/Redacción - 17:40 27/08/2009
Tags: gripe A Vigo

Un home de 33 anos de idade, que padecía outras patoloxías de base, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) é a primeira vítima mortal da gripe A en Galiza. Segundo informou este venres a Consellaría de Sanidade, o home faleceu nas últimas horas "como consecuencia das complicacións derivadas da gripe A".

A titular de Sanidade, Pilar Farjas, compareceu ante os medios de comunicación, canda o equipo médico do Chuvi, e explicou que o mozo faleceu polo desenvolvemento dunha neumonía que agravou as "graves patoloxías de base" que padecía. O xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Meixoeiro de Vigo, Víctor del Campo, engadiu que levaba "varios días" ingresado no Hospital Meixoeiro e é o único caso "clínico" que se rexistrou na súa familia, segundo explicou Del Campo, quen tamén precisou que "probablemente se contaxiou no seu ámbito". En todo caso, por expresa vontade dos achegados do paciente falecido, para manter a confidencialidade do caso, o facultativo eludiu transmitir maior información sobre a situación clínica desta persoa,


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: