Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A maior caída en máis de trinta anos

Sete meses de descensos acumulados nos prezos industriais

Caeron un 0,2 no mes de xullo e suman en Galiza unha redución interanual do 6,6%, apenas unha décima menor que a media estatal.

Redacción - 11:25 25/08/2009

O índice de Prezos Industriais calcula a evolución mes a mes dos prezos dos produtos fabricados pola industria e vendidos no mercado estatal nese primeiro chanzo de comercialización desde saída de fábrica, excluíndo xa que logo gastos adicionais de transporte, comercialización, IVE e outros impostos indirectos facturados. Agás a construción, analiza todos os sectores industriais (extractivas, manufactureiras e subministro de enerxía e auga).

No conxunto do Estado, e segundo o detalle das cifras do INE, as actividades con maior impacto no descenso interanual avaliado este mes de xullo foron as relacionadas co refino de petróleo (-43,8%), metalurxia (-28,7%) e alimentación (-5,4%). Por destino económico dos bens, as taxas de variacións respecto a xullo de 2008 foron do -1,2% para os bens de consumo (0,7% os bens de consumo duradeiro e -1,4% os de consumo non duradeiro), do 0,5% para os bens de equipo, -7,8% para os bens intermedios e -16% para a enerxía. Dun mes para outro, os prezos industriais caeron un 0,2% en xullo no conxunto do Estado, malia que en Galiza aínda se mantén a pequena subida (neste caso dun 0,1%) que a media estatal indicou desde o mes de maio. A nivel estatal, o descenso acumulado desde hai un ano é do -6,7%, e en Galiza queda xusto unha décima por baixo, -6,6%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: