Logo de difundirse unha imaxe co presidente ecuatoriano, agora faise público o vídeo dunha charla con estudantes.
"Ante calquera traxedia o home pode facer moito, pode facer cousas case imposíbeis; volvo dicir por décima vez que é o que define un revolucionario: un tipo que cre, porque o que non cre no home non pode ser revolucionario". Así reflexiona Fidel Castro nun momento da conversa onde para a falar do cambio climático, durante un encontro con estudantes venezolanos.
O vídeo foi difundido despois de facérense públicas unhas imaxes previas onde se podía ver o líder cubano nun encontro co presidente de Ecuador, Rafael Correa. Nas imaxes pode percibirse a significativa mellora da súa saúde na altura dos seus 83 anos. Nun momento da conversa cos mozos chegados de Venezuela, Castro le extractos do seu recente artigo 'O imperio e os robots'.