Logo de que se filtrase que o goberno español valora aplicar esta medida, a conselleira de Traballo recoñeceu que estaría xustificada polo actual contexto económico.
As reaccións non paran dende que o diario madrileño El País publicase este sábado que o executivo estatal quere conxelar o salario de todos os seus funcionarios en 2010. No noso país, a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, sinalou que ve razonábel unha decisión deste tipo debido ao contexto de crise económica. Aínda que Mato non quixo falar abertamente da conxelación dos soldos públicos en Galiza, si que que subliñou que o Goberno traballa en “políticas de austeridade” e sabe da “soliedariedade dos traballadores da Administración pública”.
Tamén esta mesma mañá o ministro de Fomento, Xosé Blanco, deixou máis aberta a posibilidade. En declaracións a Europa Press, e preguntado polas informacións anteriores, Blanco avogou por “niveis de contención” nos salarios dos funcionarios de cara 2010, aínda que matizou que iso non debería significar “unha perda de poder adquisitivo”.