O desxeo obriga a mudar as estremas xeográficas entre Italia e Suíza, estabelecidas por última vez hai setenta anos.
Desde mediados do século XIX a superficie cuberta por glaciares na Europa occidental minguou arredor do 40% e reduciuse nunha porcentaxe aínda maior o propio volume dos glaciares actuais. Segundo algunhas previsións científicas, na metade do século actual podería non quedar glaciar ningún na zona dos Alpes.
"Cando a fronteira coincide coa cabeza dun glaciar, debe seguir os cambios progresivos da liña natural da súa cabeceira e no caso de que se derrita ao completo, a liña fronteiriza debera coincidir coa altura da terra na cima da roca que emerxa". Así o subliña o documento oficial publicado na web do Departamento Suízo de Exteriores ao respecto deste asunto.
Baseado nestes argumentos, a Oficina Topográfica do goberno suízo recolleu os datos que avalan o texto aprobado esta semana no Parlamento, movendo en 150 metros a fronteira do país con Italia en varias zonas.