Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Google Street View

De camiñada virtual polas rúas de Lisboa e Porto

A ferramenta de visita a pé de rúa de Google xa está dispoñíbel para as dúas principais cidades portuguesas.

Redacción - 11:05 19/08/2009

Os vehículos de Google equipados con cámaras que tiran fotografías de 360º estiveron a comezos do pasado mes de marzo percorrendo as dúas urbes portuguesas. Agora, e menos de seis meses máis tarde xa está a disposición dos internautas a posibilidade de facer turismo virtual.

"A partir de hoxe os usuarios poden explorar as cidades de Lisboa e do Porto", explicaba este martes na capital portuguesa Inês Gonçalves, responsábel de marketing de Google Portugal, "poden pasear e ver todo a nivel de rúa, a aparencia dos sitios, como ir dun lado a outro a través das rúas e en definitiva ter unha noción moito máis real de como son as cidades".

Os equipos de Google circulan agora por outras cidades do país veciño, como Aveiro, Braga, Évora, Portalegre ou Setúbal, e desde a empresa avanzan que antes de fin de ano haberá máis cidades dispoñíbeis no Google Street View. Recordámoslles que as cámaras do xigante xa viaxaron tamén a varias cidades galegas, mais de momento aínda non está operativo este servizo na web.

Poden acceder ao Google Stret View a través de Google Maps.


4,67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: