A CEOE deixa claro que a súas demandas céntranse en novos modelos de contratos temporais.
Mentres que Alemania, Francia ou Xapón comezan a alentar no medio da crise económica, a patronal española pinta un panorama máis ca negro. O presidente da CEOE, Díaz Ferrán, estivo este martes na Cadena Ser e volveu a expoñer a súa principal receita: a flexibilización do mercado laboral. Díaz Ferrán cre que urxe facer outro tipos de contratos a tempo parcial. Segundo o representante dos empresarios: “Se non se fan reformas, igual estamos 12 ou 14 anos sen saírmos da crise”.
A patronal considera que non é lóxico que nun momento de deflación os traballadores esixan aumentos salariais superiores ao 1%, porén matizou que en ningún momento van poñer enriba da mesa unha baixada de retribucións nos convenios.