Unha web propón a xestión dunha simulación sobre un suposto andazo do virus.
Decidir se se distribúen máscaras á cidadanía para cubrir boca e nariz. Despregar unha campaña de vacinación. Reforzar o sistema sanitario. Poñer equipos médicos específicos a investigar. Pechar escolas, mercados ou aeroportos....
Son algunhas das accións posíbeis na xogueta virtual deseñada polo departamento de Viroloxía Erasmus, en Rotterdam. The Great Flu, non recomendado para hipocondríacos, baséase así na xestión dun orzamento sanitario onde o xogador debe decidir en cada unha das zonas do planeta as medidas a introducir entre o abano de propostas para conter o andazo da gripe A.