Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Difusión literaria alén mar

A rede de bibliotecas de Bos Aires incluirá unha sección de libro galego

Contará cunha selección de fondos recentes e clásicos, que a consellaría de Cultura prevé entregar en 15 centros o próximo mes de outubro.

Redacción - 10:00 16/08/2009

A Consellaría de Cultura e Turismo colaborará coa rede de bibliotecas da cidade de Bos Aires na creación dunha sección do libro galego, coa fin de difundir e promover o idioma e a literatura galega en Arxentina. Este apartado contará cunha selección de fondos de recente publicación e clásicos, que xa comezou a realizar o persoal técnico da Biblioteca de Galicia "para dar unha imaxe real e completa do que representa a creación galega escrita, tanto actual como histórica", destacou o departamento.

No próximo mes de outubro, a consellaría que dirixe Roberto Varela prevé ter as citadas recompilacións "procesadas e entregadas", para a súa incorporación a 15 centros bonaerenses. "É unha oportunidade de contribuír á promoción da nosa lingua nun ámbito especialmente propicio", proclamou. sAsí, recalcou que o proxecto de estabelecer unha colección en Bos Aires nace "do interese da consellaría na difusión e promoción da lingua e literatura galegas no exterior". A iniciativa inclúese no proxecto 'Babel, a biblioteca' que desenvolve o VII Festival internacional de teatro de Bos Aires.

Catalogación de fondos
Desta forma, indicou que pretende "recuperar" aspectos culturais que Galiza achegou a Arxentina, e iniciar "un novo centro de confluencia en torno á cultura galega". Esta política compleméntase, ademais, coa catalogación dos fondos conservados que realiza en colaboración coa Fundación Puente.

Con esta medida busca "dar un paso adiante", xa que non trata de enriquecer as coleccións, senón de crear dentro do propio sistema bibliotecario bonaerense unha sección de literatura "accesíbel". Os fondos diríxense tanto a descendentes de galegos, coma a todos os usuarios que queiran coñecer directamente e "en profundidade" a literatura de Galiza, resaltou.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: