Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En plena loita pola reforma do goberno Obama

Hawking mete baza no debate dos EUA: "Eu non viviría sen a sanidade pública"

O prestixioso científico rexeita así as críticas da dereita estadounidense ao sistema sanitario británico.

Redacción - 14:00 13/08/2009

A agora secretaria de Estado Hillary Clinton fora protagonista durante a presidencia de Bill Clinton dun ambicioso intento de reforma do sistema sanitario estadounidense, combatido con dureza polo Partido Republicano e os lobbies sanitarios daquel país até que conseguiron frealo. Unha nova reforma sanitaria foi agora unha das promesas destacadas da campaña que levou a Barack Obama á presidencia dos Estados Unidos.

Fronte á agresiva campaña iniciada polos republicanos para botar abaixo o proxecto do goberno demócrata, a Casa Branca mesmo abriu recentemente unha web adicada en exclusiva a desmentir os calotes estendidos entre a sociedade contra esta reforma sanitaria. Entre outras cuestións, os conservadores estadounidenses atribúenlle por exemplo ao proxecto de Obama o presunto fomento da eutanasia na terceira idade. A campaña inclúe a crítica dos sistemas sanitarios europeos, presentados en ocasións polos demócratas como exemplo.

Así, no medio da polémica, un editorial xornalístico saído da beira republicana pretendía exemplificar os males da reforma advertindo que xente coma o científico Stephen Hawking "non tería oportunidade no Reino Unido, onde o sistema nacional de saúde diría que a vida deste home brillante carece de valor". O exemplo foi ben pouco afortunado, xa que Hawking é británico, nado en Oxford e profesor na Universidade de Cambridge, e o propio aludido tivo a oportunidade de retrucar ás afirmacións dese artigo. "Eu non estaría aquí hoxe se non fose pola sanidade pública británica, que me garantiu amplos coidados e tratamento de alta calidade sen os cales eu non tería sobrevivido", subliñou Hawking para o Guardian.

Poden ampliar en The Guardian e no New York Times.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: