Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Represión das protestas no país

Outra condena para a Nobel birmana Suu Kyi

Un tribunal fixou tres anos de traballos forzados, finalmente conmutados por un ano e medio máis de arresto domiciliario.

Redacción - 10:15 11/08/2009

No medio dun elevado dispositivo de seguridade e de ameazas fronte ás posíbeis protestas cidadáns, fíxose pública a sentenza dos tribunais sobre a última acusación á Nobel da Paz birmana Aung San Suu Kyi. Milleiros de axentes foron despregados no contorno do cárcere onde permanece confinada a muller e tamén noutros puntos do país. Ademais, a través dos medios de comunicación o goberno fixo diversas advertencias contra as posíbeis protestas que na rúa puidesen organizar os seguidores de Suu Kyi, avisando de que as forzas de seguridade responderían con dureza ante calquera acción de apoio.

Suu Kyi foi así declarada culpábel de quebranto do arresto domiciliario ao que estaba sometida e condenada a tres anos de traballos forzados. Posteriormente, a xunta militar birmana mudou a decisión do tribunal especial, deixándoa en ano e medio máis de arresto no seu domicilio en Rangún. O xuízo vén polo acceso á vivenda onde a Nobel estaba confinada do cidadán estadounidense John William Yettaw, acusando os tribunais a Suu Kyi de darlle aloxamento durante dous días. Á súa vez, Yettaw foi condenado a sete anos de cárcere, catro deles con traballos forzados incluídos.

Recomendámoslles ampliar en:


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: