Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia dos ecoloxistas

Preguiza, burlas e incompetencia permiten 1.310 MW máis en Miño e Sil

Adega láiase de que a falta de planos de xestión "deixa indefensa" a Rede Natura e supón 14 centrais máis nestes ríos.

Redacción - 16:30 10/08/2009

"A Xunta, que ten capacidade para evitar estas desfeitas, non fai nada". Así o denuncian desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), ao respecto dos 1.310 MW hidráulicos que mantén en tramitación o Ministerio de Medio Ambiente, en 14 centrais diferentes, para o contorno dos ríos Miño e Sil. Quéixanse desde o colectivo de que o Lugar de Interese Comunitaria Canón do Sil carece aínda dun Plan Reitor de Uso e Xestión, malia que a protección LIC foi declarada xa hai oito anos.

Xa que logo, o Ministerio está escudándose nesa eiva. "No caso de espazos protexidos que dispoñan de plano de xestión, é esa a normativa que debe aplicarse ás actuacións que se pretendan realizar", escúdase o Ministerio de Medio Ambiente. Neste contexto, Adega entende que "a desidia, a preguiza ou a incompetencia" están sendo "a principal eiva para a conservación do noso patrimonio natural". A elaboración destes planos reitores, caso por exemplo do que serviría de aval para frear o esbandalle en Santo Estevo, corresponderíalle á Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Mais na situación actual, a inexistencia de tales planos faría que as decisións da Xunta "non sexan vencellantes" neste caso. "A administración ambiental galega está a poñer en risco o obxectivo pincipal para o que foi creada: a protección e conservación do noso patrimonio natural, converténdose de feito nun dos principais factores da súa degradación", afirman os ecoloxistas.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: