Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel fusión Caja Madrid-CAM-Caixa Galicia

CCOO esixe coñecer o "informe-pantasma"

O sindicato solicita que se aclaren nos órganos de goberno a existencia do estudo e/ou xestións relacionadas coas posíbeis fusións.

Redacción - 10:25 04/08/2009

"No caso de confirmarse a existencia do informe e/ou os contactos, censuramos a súa ocultación aos órganos de goberno da caixa e esiximos que se depuren as responsabilidades correspondentes", expoñían este luns desde o sindicato Comisións Obreiras (CCOO). Recordan os representantes de CCOO na entidade que, a nivel dos órganos de goberno, non teñen noticia da existencia do informe ao respecto das posíbeis fusións e que, os probábeis excedentes de persoal dos que tal estudo falaría introducen graves incertezas laborais.

Comisións resume en catro eixos a súa posición fronte ao escenario de fusións aberto a nivel estatal. En primeiro lugar recomendan "prudencia e sentido común", comezando en todos os casos por dar a coñecer os detalles do plan de viabilidade e modelo de empresa. Por outro lado, subliñan a esixencia de garantías en materia laboral, e anuncian a súa oposición "a calquera integración ou fusión que poña en risco" o emprego.

Un terceiro punto é a esixencia de garantías en materia económica e empresarial, de xeito que quede demostrada "a súa solidez futura". Indican ao respecto que toda fusión debe basearse en criterios "económicos e de utilidade social para o seu contorno de actuación" coas correspondentes análises profesionais que demostren a complementariedade de redes e mercados. Por último, esixen o mantemento da natureza xurídica das entidades, garantindo a concepción da caixa "como entidade de propiedade social".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: