Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un 3,1% máis

Fenosa acumula 672 millóns de beneficios na primeira metade do ano

Non hai crise para a eléctrica, que informou este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores das súas cifras no primeiro semestre.

Redacción - 13:50 03/08/2009
Tags: CNMV Fenosa

Unión Fenosa obtivo un beneficio de 672,5 millóns de euros no primeiro semestre, o que representa un crecemento do 3,1% respecto a igual período de 2008, informou este luns a eléctrica á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A compañía explicou que o resultado se viu favorecido, ademais de pola boa evolución dos negocios, polas plusvalías obtidas coa venda das súas participacións en Cepsa e Rede Eléctrica e a venda de accións de Isagen. O resultado bruto de explotación (Ebitda) de Fenosa ascendeu a 1.111,8 millóns de euros nos seis primeiros meses do ano, un 1% máis, en tanto que o resultado neto (Ebit) se situou en 805,3 millóns, cifra lixeiramente superior á de igual período de 2008.

A débeda financeira bruta de Unión Fenosa alcanzou a peche de xuño 7.074,2 millóns de euros, incluíndose nesta cantidade a súa contribución ao financiamento do déficit tarifario de 2006, 2008 e 2009 por importe de 920,6 millóns de euros. Durante este ano, a débeda da compañía incrementouse en 189,1 millóns.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: