A xuntanza audiovisual de Ribadeo entregou os premios este sábado. Vídeos no interior.
O auditorio Hernán Naval, en Ribadeo, foi escenario na noite do pasado sábado da entrega dos premios da quinta edición deste FestivalON de curtametraxes.
A María Acuña Rodríguez, Antonio Mourelos e Santiago Jaureguizar, como xurado, tocoulles a complicada tarefa de peneirar entre as 42 pezas presentadas. Ao fío, quixeron destacar a alta calidade das obras achegadas este ano á sección oficial. Finalmente, os elixidos foron: On the line, de Jon Garaño, gañadora na categoría de Ficción, que leva así o Misto de Pau de Sabugueiro; El misterio del pez, de Giovanni Maccelli, gañadora na categoría de Animación, leva o Misto de Pau de Castiñeiro; e A fábrica, de Marcos Nine, gaña na categoría de Documental, levando o Misto de Pau de Carballo. Mención especial ademais para Ferro ardendo, de Miguel García Fernández, que gaña o premio do Público.