Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PLAN DE CHOQUE

Para a CEG: un primeiro paso contra a crise

A organización empresarial galega entende que esta iniciativa deberá ter continuidade no proceso de diálogo social que se abrirá en setembro.  

Redacción - 19:17 30/07/2009

A Confederación de Empresarios de Galiza (CEG) considera "un avance" a aprobación do Plan de Choque contra a crise, aprobado pola Xunta. De entre as súas medidas, destacan as que se destinan ao fomento do tecido produtivo e a redución do prazo de pago aos subministradores e contratistas por parte da administración.

Tamén xulgan positivamente que o Plan "recabe parte do seu financiamento a través de fondos procedentes do Plan de Austeridade". Ademais, a organización empresarial agarda "poder adoptar un enfoque de maior alcance coa apertura, a partir do vindeiro mes de setembro, dun novo proceso de diálogo social". Nesta liña, adiantan que apostarán "polo consenso e a concertación entre a Administración e os axentes económicos e sociais" para propiciar "unha nova etapa de crecemento e prosperidade".


Ligazóns

1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: