Rexeita a proposta dun colectivo que animaba os pais a adquirir en castelán o material didáctico dos seus fillos.
Educación asegura que, mentres non se aprobe outro decreto, hai que cumprir co actual
"Mentres o decreto sobre o galego no ensino se manteña vixente, esa será a legalidade que hai que cumprir". Esta é a resposta da Consellaría de Educación á proposta de Galicia Bilingüe, quen animaba aos pais a mercar os libros de texto para o vindeiro curso escolar en castelán, mesmo en materias impartidas en galego. Na mesma liña, o secretario xeral de Educación, Xosé Luís Vázquez Fernández, advertiu que, a día de hoxe, "está claro que materias se van a impartir en lingua galega e cales en lingua castelá" polo que entendeu que o lóxico sería que "para as materias que se imparten en galego se merquen os libros en galego e viceversa.
Mentres non haxa outro decreto
Ademais, Vázquez Fernández reiterou que a proposta de Galicia Bilingüe "non ten sentido neste momento", xa que o decreto vixente debe seguir cumpríndose. Porén, adiantou que a partir de que se aprobe o novo decreto do galego, "haberá que ver o que pode facer cada pai respecto dos libros e ao desenvolvemento das materias e das clases".