O vindeiro outono estará completado o proxecto artístico nos camiños da terra do finado poeta Fiz Vergara. Este luns coñecemos as primeiras pezas.
Fiz Vergara Vilariño
Cada ano organizan un roteiro literario pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara. Agora, da Agrupación Cultural Ergueitos abrollou a idea de converter o traxecto en parque escultórico en lembranza do vate e inspirado en poemas escollidos da súa obra con referencias xeográficas concretas do Val da Lóuzara.
Este luns coñecemos as primeiras pegadas da obra que, entre outros, adicarán a Fiz Vergara os artistas Primitivo Lareu, Fernando Yáñez ou Álvaro de la Vega. Achegámoslles ao respecto unha galería de imaxes. O vindeiro outono está previsto que se complete o traxecto artístico.
"Voz e imaxe asaltarán ao visitante deste roteiro no contedor museístico máis fermoso que ninguén puidese imaxinar", explican desde o colectivo, "o ceo, a auga do río e da Fonte da Cova e os soutos dos castiñeiros louzarinos serán as paredes, o teito e o chan dese museo aberto".
Como chegar:
Dende Samos, despois de pasar diante do Mosteiro e rodealo cóllese a saída en dirección a Triacastela. A 1 km. hai un desvío á dereita sinalizado: Lóuzara. A 8 km. sen desviarse chegamos a Aira Padrón (só hai unha casa-restaurante cara a esquerda e unha rotonda). É o primeiro punto do roteiro. Desde aí baixase cara o val de Lóuzara. O tempo estimado da camiñada é de unha hora e media.
A lista completa de lugares e artistas: