Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOMEADO 'FILLO PREDILECTO' DA CIDADE

Ourense homenaxea a Manuel Suárez, o último alcalde da República

José Luis Cuerda, director de 'Os xirasoles cegos' leu a última carta que Suárez lle enviou á súa familia antes de ser executado.

Redacción - 19:25 27/07/2009

Ourense rende homenaxe ao que foi o seu último alcalde republicano, o socialista Manuel Suárez, cando se cumpren 72 anos do seu fusilamiento. Os actos comezaron ás dez da mañá cun pleno extraordinario no que a Corporación ratificou oficialmente o expediente de honra, que recibiu 750 adhesións de cidadáns e diferentes asociacións. Ademais de aprobar as máximas distincións da cidade -a Medalla de Ouro, que leva implícito o carácter de fillo predilecto-, haberá outra sesión extraordinaria para ratificar que a Escola Municipal de Artes Escénicas se chame 'Alcalde Manuel Suárez'.

Tras do recoñecemento oficial no salón de plenos municipal, os actos públicos comezaron ás 13.30 horas na esplanada do Auditorio. Alí, os alumnos da Escola de Artes Escénicas representaron a vida do homenaxeado. A segui o director de cine José Luís Cuerda leu a carta que Manuel Suárez lle escribiu á súa familia nese mesmo lugar, hai 72 anos, horas antes de ser asasinado. Despois, Francisco Rodríguez, alcalde da cidade, e a filla de Suárez, Lola Suárez descubriron unha placa conmemorativa na entrada da Escola.

Ante de ser alcalde, Manuel Suárez foi concelleiro e despois vicepresidente da Diputación. Mantivo unha militancia moi activa no PSOE e na UGT de Ourense, converténdose na principal figura do socialismo na cidade.


5/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: