Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Inauguración

Un cable submarino mellora a banda larga en África oriental

A conexión de fibra óptica operada por Seacom incrementará a velocidade de conexión mais os operadores non pretenden baixar os prezos.

Redacción - 17:25 24/07/2009

A costa leste de África xa dispón de internet de banda larga grazas a un cable submarino que acaba de entrar en funcionamento. A conexión de fibra óptica, operada pola compañía africana Seacom, conecta Suráfrica, Tanzania, Quenia, Uganda e Mozambique con Europa e Asia.

O cable mide 17 mil quilómetros de longo e custou máis de medio millón de euros e dous anos despregalo. Os servizos inauguráronse con cerimonias no porto queniata de Mombasa e na cidade tanzana de Dar es Salaam.

Segundo informou a BBC, o cable ía entrar en funcionamento no mes de xuño, pero tívose que atrasar pola pirataría que se produce nas costas de Somalia. Porén, os internautas desa zona de África non gozarán, en principio, de prezos máis baixos, pois as compañías de telecomunicacións optaron por aumentar a velocidade cobrando o mesmo.

Si beneficiará as empresas que até agora pagaban enormes cantidades de diñeiro por conexións de banda larga vía satélite, que agora poderán obter esa mesma velocidade con liñas terrestres. Aínda que gobernos como o de Quenia pretenden levarlle a fibra óptica a todas as escolas do país, o certo é que en moitas zonas rurais aínda chega con dificultades a rede eléctrica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: